Divulga

Ata onde chega o bus

Todos os autobuses da Xunta e todos os trens de Renfe dun mércores e dun domingo de novembro de 2026, sobre o relevo de Galicia. Onde pasan moitos, onde pasan poucos e que queda lonxe cando non pasa ningún.

Baixa para comezar.

Galicia · mércores 4 de novembro de 2026

Un día laborable

10.258viaxes de bus

programadas na rede autonómica da Xunta, e 178 de tren

Cada liña une paradas consecutivas e o groso indica cantas viaxes pasan por ese tramo ese día. A rede chega a case todo o país, pero a frecuencia xúntase no eixo atlántico e arredor das cidades.

1–3 viaxes4–30máis de 30trenestación

Cálculo FGS a partir dos horarios publicados (GTFS) da Xunta no Punto de Acceso Nacional e de Renfe, capas «pulso» de Mapas Galicia Sustentable. Non inclúe os buses urbanos dos concellos. Paradas agrupadas nunha grella de ~2 km.

Galicia · domingo 8 de novembro de 2026

O domingo, a rede encolle

1.705viaxes de bus

un 83 % menos ca o mércores; o tren pasa de 178 a 122

En 58 concellos, onde viven 75.795 persoas, non para ningún bus da Xunta en todo o domingo. 43 deles están na provincia de Ourense.

concello sen bus o domingoviaxes do domingo

Cálculo FGS a partir do GTFS da Xunta (NAP) e do Padrón do INE a 1/1/2025. Un bus conta nun concello se ten algunha parada nel.

Eixo Atlántico · da Coruña a Vigo

O corredor ben servido

57trens

entre A Coruña e Santiago nun mércores; 32 entre Santiago e Vigo

Pola liña atlántica pasan a alta velocidade, os Avant e os media distancia. Arredor de Santiago o bus interurbano é case unha rede de cidade: 829 viaxes paran no concello de Santiago e 451 no de Ames.

Cálculo FGS a partir do GTFS de Renfe e da Xunta. Dous trens coa mesma hora nas dúas estacións (acoplados) contan como un.

Lugo · Monforte de Lemos · Ourense

A liña do interior

10trens

entre Lugo e Monforte nun mércores, cinco en cada sentido; entre A Coruña e Lugo, 4

Lugo ten 100.143 habitantes, case os mesmos ca Santiago. Pero se entre Santiago e A Coruña circulan 57 trens nun mércores, entre Lugo e A Coruña son 4. De Monforte a Ourense hai 16.

Cálculo FGS a partir do GTFS de Renfe: trens distintos que paran nas dúas estacións. O tamaño de cada estación, servizos ao día da capa «estacions-tren» de Mapas Galicia Sustentable. Poboación: INE, Padrón a 1/1/2025.

Terra de Celanova · Ourense

Paradas hai; faltan viaxes

30,3paradas por 1.000 hab.

nos 121 concellos de menos de 2.000 habitantes; 1,7 nas sete cidades, que teñen ademais bus urbano propio

Ramirás ten 48 paradas para 1.485 veciños. O mércores pararon alí 12 viaxes; o domingo, ningunha. O mapa colorea cada concello polas viaxes de bus que tivo ese mércores.

01–1011–3031–100máis de 100 viaxes

Paradas por habitante e viaxes por concello: cálculo FGS a partir do GTFS da Xunta (25.118 paradas) e do Padrón do INE a 1/1/2025.

A Fonsagrada · Lugo

Unha comarca sen tren

23viaxes de bus

pararon o mércores na comarca da Fonsagrada (4.402 habitantes en 678 km²); o domingo, 4. Esas dúas cifras de bus están pendentes de recalcular coa composición correcta da comarca: ver a corrección do 5 de novembro de 2026, arriba

Ningún dos tres concellos ten estación. As dúas viaxes que pararon na Ribeira de Piquín eran da liña do instituto Pedregal de Irimia: unha ás 8:24 e outra ás 15:58.

parada con viaxes (máis grande, máis viaxes)parada sen ningunha viaxe ese día

Cálculo FGS a partir do GTFS da Xunta (NAP); superficie, Mapas Galicia Sustentable (perfil-concellos).

Negueira de Muñiz · Lugo

O lugar máis lonxe dun hospital

58,7km

en liña recta desde Escanlar ao hospital máis próximo, a maior distancia dos 36.190 lugares de Galicia

Negueira, 236 veciños, ten tres paradas de bus; nin o mércores nin o domingo tiñan viaxe ningunha. Os seus 26 lugares están, de mediana, a 53 km en liña recta dun hospital. Por estrada, polo val encaixado do Navia, son bastantes máis.

30–40 km do hospital40–50máis de 50

Distancia en liña recta: capa «distancia-servizos» de Mapas Galicia Sustentable (cálculo FGS con lugares do IET e hospitais do SERGAS). Escanlar tiña 1 habitante en 2024.

Os Ancares · Navia de Suarna

Unha mañá para ir ao hospital

1 h 40min

dura o bus da Pobra de Navia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo: sae ás 7:15 e volve ás 12:15 ou ás 18:15

Navia de Suarna, 971 veciños, tivo cinco viaxes de bus o mércores. Murias de Rao, 26 habitantes, está a 727 metros de altura e a 11,7 km en liña recta da Pobra, onde para o bus, 431 metros máis abaixo.

Horarios: GTFS da Xunta (NAP), mércores 4/11/2026. Alturas: MDT de 25 m do IGN. Habitantes: INE (2025) e, do lugar, padrón 2024 vía IET.

Serra do Courel · Lugo

Seis paradas, ningún bus

0viaxes

de bus o mércores 4 e o domingo 8 de novembro en Folgoso do Courel (921 habitantes)

As súas paradas son das liñas Quiroga–Seoane do Courel e Seoane–Pedrafita do Cebreiro, pero ningunha tiña viaxes eses dous días no horario publicado. Os 50 lugares do concello están, de mediana, a 26 km en liña recta dun hospital; Teixeira, a 1.141 metros, a 34.

GTFS da Xunta (NAP); distancias, capa «distancia-servizos» (cálculo FGS); altura, MDT de 25 m do IGN.

Galicia

Onde o hospital queda lonxe

4.533lugares

a máis de 30 km en liña recta do hospital máis próximo; a mediana galega é de 16,4 km

Máis da metade (2.501) están na provincia de Lugo: na Terra Chá, no Ortegal e na montaña oriental; outros, na Paradanta e na Baixa Limia. Os concellos sen bus o domingo están sobre todo en Ourense: son dúas formas distintas de quedar lonxe.

30–40 km40–50máis de 50

Capa «distancia-servizos» de Mapas Galicia Sustentable: cálculo FGS sobre 36.190 lugares da toponimia oficial (IET) e os hospitais do SERGAS. Non é distancia por estrada.

O transporte, condición para vivir no rural

30%

das emisións brutas de Galicia en 2024 viñeron do transporte, o primeiro sector emisor

Onde o bus pasa dúas veces ao día, ou ningunha, o coche é obrigatorio para traballar, estudar ou ir ao médico. Un rural produtivo e habitado precisa horarios que encaixen coa vida de quen o habita: rutas escolares abertas a todos, transporte á demanda e enlaces co tren e co hospital. Ese mesmo transporte é a vía para baixar as emisións do sector que máis emite.

Emisións: Ogacli (ogacli.org), a partir do inventario do MITECO, 5,03 de 16,59 Mt CO₂eq en 2024.

Fontes e método