Galicia en horas de autobús e tren
Un martes pola mañá, saíndo de Santiago en autobús ou en tren, chégase en menos de dúas horas a 96 dos 313 concellos. O máis afastado é Cariño, a 7 h 45 min, e 2 concellos non teñen ningunha chegada en toda a mañá. Escolle a cidade de saída e cambia ao «mapa do tempo» para ver Galicia deformada polas horas de viaxe.
Ver os datos
Horarios GTFS dos autobuses da Xunta de Galicia (Punto de Acceso Nacional, vía MobilityDatabase) e de Renfe (Alta Velocidade, Longa e Media Distancia) para o martes 03/11/2026. Para cada cidade, saídas cada 20 minutos entre as 7:00 e as 10:00 dende as paradas a menos de 1,5 km do centro; o tempo é o da viaxe máis rápida desas, dende que se sae do centro (co camiño a pé ata a parada e a espera) ata que se chega a calquera parada do concello, con transbordos a pé de ata 400 m e 2 minutos de marxe. Non conta os buses urbanos nin o transporte a demanda, nin o camiño dende a parada ata a casa; en gris, concellos sen parada ou sen chegada en menos de 8 horas pola mañá. O «mapa do tempo» sitúa cada concello no seu centro xeográfico. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.