A fenda rural: en que se parecen e en que non as tres Galicias
Nas zonas pouco poboadas declárase un 31 % menos de renda no IRPF ca nas cidades, pero o risco de pobreza é o máis baixo (14,5 % fronte a 17,2 %) e a esperanza de vida, case a mesma. 26 indicadores do IGE para as tres Galicias: cada marca é unha zona e a súa distancia á liña central, canto se afasta do total de Galicia.
Ver os datos
IGE, Panorama rural-urbano: indicadores demográficos, sociolaborais e económicos de Galicia segundo o grao de urbanización (GU 2016, baseado nun estándar europeo). A ZDP (zona densamente poboada) son as cidades e as súas áreas urbanas, a ZIP (zona intermedia) as vilas e os arredores, e a ZPP (zona pouco poboada) o rural. Cada indicador está no seu último ano dispoñible, que vai de 2022 a 2024. A posición indica canto se afasta cada zona do total de Galicia: 50 é a metade e 200 o dobre. A cifra da dereita compara a zona pouco poboada coa densamente poboada. Con «E hai uns anos», as marcas baleiras amosan o primeiro ano que publica o IGE para ese indicador, comparado co total de Galicia dese ano. Por 1.000 habitantes quere dicir sobre toda a poboación, e por iso o paro rexistrado é máis baixo nas zonas con máis xubilados. A renda por persoa calcúlase coa parte da renda dispoñible bruta e da poboación de cada zona. Fundación Galicia Sustentable · inspirado en Gender Pay Gap de Information is Beautiful. Licenza CC BY-NC-SA 4.0.