Canto queda o hospital
Para máis da metade dos galegos (53 %) o hospital público máis próximo está a 15 minutos en coche ou menos. Pero 515.000 persoas, o 19 %, viven a máis de media hora, e en 54 concellos a viaxe media pasa dos 45 minutos; en Negueira de Muñiz chega a 103 minutos.
Toca un concello no mapa ou búscao.
A curva do tempo
Que parte da poboación chega ao hospital público en tantos minutos ou menos.
Os 15 concellos máis lonxe
Minutos medios ata o hospital público máis próximo, ponderados pola poboación de cada núcleo.
Ver os datos
Hospitais: Ministerio de Sanidade, Catálogo Nacional de Hospitais 2025 (situación a 31/12/2024): os 14 hospitais xerais do Sergas. Os complexos hospitalarios cóntanse no seu edificio principal, e quedan fóra os hospitais privados, tamén Povisa (concertado). Poboación: Nomenclátor do IGE de 2025, 28.558 entidades habitadas, situadas cos puntos do Instituto de Estudos do Territorio (ou, se faltan, no centro da parroquia). Tempos: OSRM sobre a rede viaria de OpenStreetMap (© colaboradores de OSM), en coche e sen tráfico: o tempo real adoita ser maior, sobre todo nas cidades e nas horas punta. Coordenadas dos hospitais de OpenStreetMap (Nominatim). O hospital «máis próximo» é o máis rápido en coche, non necesariamente o que corresponde por área sanitaria, e non todos os hospitais teñen todas as especialidades. Non se contan os hospitais de fóra de Galicia (para o leste de Lugo e Ourense, o do Bierzo en Ponferrada pode quedar máis preto), nin o transporte sanitario urxente. Nas illas sen ponte (como Ons ou as Cíes) OSRM sae da estrada máis próxima en terra e o tempo é orientativo. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.