Divulga

Dende que naciches

Escribe o ano no que naciches. Se foi en 1985, dende entón os prezos multiplicáronse por 3,5, arderon en Galicia 1.312.083 hectáreas e hai 880 aldeas máis sen ninguén que en 1999. O que cambiou en Galicia, o que custaba a vida, como cambiou o mundo e que pasou o teu ano.

O que cambiou en Galicia

O que custaba a vida

Que daba de si o salario mínimo

A túa cesta, en cartos do teu ano

Como cambiou o mundo

O teu ano

Galicia: lumes (EGIF e EFFIS; A espiral dos lumes), temperatura do aire (seis observatorios de AEMET; As raias da choiva e da calor), do mar (NOAA OISST; As ondas do Atlántico), aldeas sen habitantes (Nomenclátor do IGE, 1999–2025; Galicia apagándose), peregrinos (Oficina do Peregrino) e nomes (IGE; De Manuel a Mateo). Prezos: IPC do INE (índice xeral nacional, de decembro a decembro, dende 1961; alimentos e transporte dende 1994, antes o xeral), salario mínimo mensual do Ministerio de Traballo (dende 1980, 14 pagas) e valor tasado medio da vivenda libre en Galicia do Ministerio de Vivenda (dende 1995; o último ano, cos trimestres publicados); o coche, a cesta da compra semanal e a cesta de cousas cotiás non son prezos históricos, que non hai unha serie oficial deles, senón os prezos que ti poñas pasados a cartos do teu ano coa inflación (1 € = 166,386 pesetas). Mundo: Our World in Data (CC BY) con datos da ONU, HMD, NOAA e a UIT. O teu ano: os acontecementos da Galipedia e, para España, da Wikipedia en castelán, traducidos ao galego (CC BY-SA); a escolla de que é «de Galicia» ou «de España» faise por palabras clave e pode fallar. As subidas de temperatura comparan a media dos cinco anos dende o teu nacemento coa dos cinco últimos. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.