Galicia apágase: 1.070 aldeas quedaron sen ninguén dende 1999
Cada punto de luz é un dos 30.518 lugares e aldeas de Galicia, e brilla máis canta máis xente vive nel. Os que quedaron baleiros son agora cinza azul. Hoxe hai 1.960 sen ninguén e outros 5.039 con menos de cinco veciños.
Ver os datos por ano
| Ano | Sen ninguén | 1–4 veciños |
|---|
Entidades singulares de poboación (aldeas, lugares, vilas e cidades) do Nomenclátor do IGE e do INE, con poboación empadroada a 1 de xaneiro de cada ano, de 1999 a 2025. Dende 2024 o INE calcula esta poboación co Censo anual, non só co Padrón. Contamos as 30.518 entidades que existen en 2025; as que se crearon despois de 1999 só aparecen dende o seu primeiro ano. As entidades de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade enlázanse polo nome cos concellos de antes da fusión. Situación: puntos da capa de entidades de poboación do IET (Xunta de Galicia); 1.999 entidades sen punto propio sitúanse no centro da súa parroquia. «Sen ninguén» quere dicir que non hai ninguén empadroado, que non sempre é o mesmo que non vivir ninguén. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.