Divulga

Na Coruña, os catro anos máis quentes dende 1931 son os catro últimos

Cada raia é un ano, e a súa cor indica se foi máis quente (vermello) ou máis frío (azul) que a media de 1991–2020. Hai seis observatorios galegos, cada un dende o primeiro ano con datos completos. Co botón de arriba podes cambiar ás raias da choiva.

A raia da túa cidade

Ver os datos por ano

Series diarias de temperatura máxima e mínima e de choiva dos observatorios de AEMET, a través de NOAA GHCN-Daily (que as recolle de ECA&D). A temperatura media é a media da máxima e a mínima. Un ano só se pinta se ten os doce meses completos: polo menos 25 días con temperatura e 20 con choiva. A choiva de cada mes estímase coa media dos días con dato. Os anos sen datos completos quedan en gris. As anomalías calcúlanse respecto da normal 1991–2020 de cada observatorio. Lugo (Rozas) e Pontevedra só teñen temperatura dende 1986, e Ourense dende 1973. Os observatorios cambiaron de contorno co tempo: os aeroportos de Lavacolla e Peinador non son o centro de Santiago nin o de Vigo. Inspirado en #ShowYourStripes de Ed Hawkins. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.