As ondas do Atlántico
Unha onda por ano, dende 1982 (arriba) ata 2025 (abaixo): a temperatura da auga fronte ás Rías Baixas cada día do ano. As ondas van fuxindo cara á dereita: a última década está 0,8 °C máis quente ca a primeira, e o día máis frío do ano xa non baixa de 12,9 °C de media (eran 12,0). O ano máis quente foi 2023, con 16,77 °C de media, e a tendencia é de 0,22 °C por década.
Ver os datos
NOAA OISST v2.1 (Optimum Interpolation Sea Surface Temperature: satélites, boias e barcos, en celas de 0,25° e un dato por día), servido polo ERDDAP de NOAA CoastWatch e, para os días que faltan alí, polo THREDDS de NOAA PSL. Media das celas de mar entre 42,1 e 43,9 °N e entre 9,9 e 8,9 °O, a plataforma fronte ás Rías Baixas e a Costa da Morte. É a temperatura da capa de arriba do mar (a pel do océano), non a do fondo. Cada onda é a densidade dos días do ano segundo a súa temperatura, suavizada cun núcleo gaussiano de 0,35 °C; a cor, a diferenza da media do ano coa de 1991–2020 (15,42 °C). Fundación Galicia Sustentable · a forma vén da portada de Peter Saville para Unknown Pleasures (1979). Licenza CC BY-NC-SA 4.0.