Divulga

En 44 anos ardeu en Galicia o equivalente a case a metade do país

Cada volta da espiral é un ano, dende 1983 no centro ata 2026 no bordo. Cada brasa é un día de lume, do tamaño da superficie queimada. Os peores incendios repítense en agosto e setembro, e 2025 xa é o segundo peor ano da serie.

Ver os datos por ano
AnoHectáreasFonte

Superficie queimada, en hectáreas, asignada ao día en que comezou cada lume. 1983–2016: Estatística Xeral de Incendios Forestais (EGIF, MITECO), a partir dos partes oficiais de todos os lumes, en grella diaria de 0,25° (FIRESPAIN-025). Cada cela pondérase pola fracción da súa superficie que está dentro de Galicia. 2017–2026: Copernicus EFFIS, perímetros por satélite dos lumes de máis de 30 ha aproximadamente (os pequenos non aparecen), con datos ata o 18 de outubro de 2026. Usamos o satélite porque a EGIF só ten datos definitivos ata 2016. En 2016, o ano que comparten as dúas fontes, a EGIF dá 14.785 ha e o EFFIS 18.248 ha. Superficie de Galicia: 2.957.500 ha. Unha mesma zona pode arder varias veces, polo que a porcentaxe é un equivalente e non a parte do territorio que ardeu. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.