Divulga

De Manuel a Mateo

Os galegos nados nos anos corenta, cincuenta e sesenta chámanse sobre todo Manuel, e as galegas, Carmen e María del Carmen. Os bebés de hoxe, Mateo e Sofía. Entre medias, os nomes compostos desaparecen e chegan as formas propias do galego: ningunha entra entre os 30 máis comúns ata os anos 80, con Iria, e na década de 2020 xa son 10 (Roi, Antón, Brais, Iago, Anxo…). Un río de rankings década a década, dende antes de 1930, e ano a ano dende 2000.

formas propias do galego (Uxía, Iago, Antía, Brais…)o restoo nome que buscas

Ver os datos

IGE: Nomes máis frecuentes da poboación segundo a década de nacemento (os 30 primeiros de cada década, sexo e territorio, segundo o padrón; son as persoas que viven hoxe en Galicia ou na provincia e naceron nesa década, polo que nas décadas antigas só quedan as que viven) e Estatística de nomes dos neonatos galegos (táboa 2245: os 50 primeiros de cada ano, 2000–2024, de nais residentes en Galicia). A década de 2020 é a dos que levan nacido ata a data do padrón. O IGE trata os nomes compostos (José Manuel, María del Carmen) como un nome distinto e escribe sen til; aquí lévanse a minúsculas cos tiles habituais só na presentación. As «formas propias do galego» son unha lista feita a man de nomes que non comparte co castelán. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.