Divulga

Galicia · agosto de 2025

O verán que ardeu

En agosto de 2025 Galicia viviu o peor verán de lumes desde polo menos 2016. Os satélites viron arder o sueste de Ourense durante dúas semanas. Este voo percorre os grandes incendios sobre o relevo e mide o que deixaron.

Baixa para comezar.

Galicia · 1–31 de agosto

Cinco días que concentraron o lume

10.427focos

detectados polos satélites en agosto, o 96,8 % de toda a tempada de xuño a outubro

1–12 ago.13–17 ago.18–31 ago.

Entre o 13 e o 17 de agosto apareceron 7.345 focos, o 70 % do mes; o día 15 foi o peor, con 1.613. O 85 % dos focos de agosto caeron en concellos de Ourense.

Cálculo FGS a partir de NASA FIRMS (VIIRS e MODIS), capa focos-tempada-2025 de Mapas Galicia Sustentable. Cada punto é unha cela de ~500 m na súa primeira detección.

Chandrexa de Queixa · Ourense

Dúas frontes nun mesmo lume

23.036,6ha

superficie do lume de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso no balance final da Xunta

área queimada en 2025 (EFFIS)

Comezou o venres 8 de agosto en Requeixo e o 12 abriuse outra fronte en Parafita, ambas en Chandrexa. A estatística do Ministerio rexistra só neses dous focos 19.172 ha forestais.

Xunta, Medio Rural, nota do 31/08/2025; MITECO, Avance informativo 2025, táboa 3 (6.320,29 + 12.851,81 ha).

Vilariño de Conso e Manzaneda · Ourense

Ata o cumio de Manzaneda

1.778m

altura máxima dentro do perímetro queimado: a Cabeza de Manzaneda

O xoves 14 o lume reactivouse en Mormentelos, Vilariño de Conso; esa fronte sumou 5.490 ha. O perímetro vai dos 591 metros ata o cumio, e o conxunto do incendio chegou a Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza.

Alturas: cálculo FGS co MDT de 25 m do IGN dentro do perímetro EFFIS. Superficie: MITECO, táboa 3. Concellos: Xunta, nota do 25/08/2025.

Larouco · Ourense

O maior incendio de España en 2025

37.765ha

forestais entre Ourense, Lugo e León, segundo a estatística do Ministerio

Prendeu en Seadur o mércores 13 ás 18.55. O seu perímetro vai dos 269 metros, no val do Sil, ata os 1.605: máis de 1.300 metros de desnivel. A Xunta pechou 31.778,18 ha no lado galego.

MITECO, táboa 3; Xunta, nota do 31/08/2025. Alturas: cálculo FGS co MDT do IGN.

O Barco e Valdeorras · Ourense

Unha comarca queimada

49.532ha

queimadas en 2025 no distrito forestal Valdeorras-Trives; en 2024 foran 58

O lume de Larouco chegou ao Barco, Rubiá, Petín, A Rúa, Vilamartín e A Veiga. Polo leste entrou desde Zamora e León o incendio de Porto, Encinedo e Carballeda de Valdeorras (21.373 ha en total), e o perímetro do satélite nesa zona sobe polas ladeiras de Pena Trevinca por riba dos 2.100 metros.

Xunta, Medio Rural, Lumes 2024 e 2025 por distrito; nota do 25/08/2025; MITECO, táboa 3. Altura: MDT do IGN.

Oímbra e Xinzo de Limia · Ourense

Dous lumes que se xuntaron

23.763,65ha

lume de Oímbra–A Granxa e Xinzo de Limia–Gudín, balance final da Xunta

O de Oímbra comezou o martes 12; o de Gudín, o venres 15. Unidos, afectaron a Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar.

Xunta, notas do 25 e do 31/08/2025. MITECO rexistra 22.414 ha en Oímbra e 1.023,35 en Xinzo.

A Mezquita · Ourense

Na raia con Zamora

10.743ha

forestais no lume da Mezquita, que comezou o martes 12 ás 21.20

Pasou a Zamora e chegou á Gudiña e a Viana do Bolo. Ao sur, Vilardevós sumou tres incendios de máis de 500 ha: Terroso, Moialde e Vilar de Cervos, con 3.478 ha entre os tres.

MITECO, táboa 3 (563,62 + 1.106,12 + 1.807,94 ha); Xunta, nota do 25/08/2025.

Ourense, Lugo e Pontevedra

Os outros grandes lumes

16grandes lumes

de máis de 500 ha forestais que arderon en Galicia en agosto, segundo o Ministerio

Ademais dos xa vistos, Maceda (4.506 ha en dous focos), Carballeda de Avia (3.018), A Pobra do Brollón (1.015), en Lugo, e Agolada (522), en Pontevedra.

MITECO, Avance informativo 2025, táboa 3 (inclúe os lumes compartidos con León e Zamora).

Provincia de Ourense

Ourense, o 85 % do queimado

101.584ha

queimadas en Ourense en 2025, de 118.764 en toda Galicia

Dous distritos forestais, Valdeorras-Trives e Verín-Viana, suman 92.067 ha: tres de cada catro hectáreas queimadas no país.

perímetros de 2025 (EFFIS)

Xunta, Medio Rural, Lumes 2025 por distrito (118.763,65 ha, 1.475 lumes).

Galicia · 2016–2025

Un ano case coma nove

122.685ha

queimadas en Galicia en 2025 segundo o satélite, fronte a 150.235 nos nove anos anteriores xuntos

201618.110201747.86420181.27320194.550202014.53320213.988202251.87320235.85020242.1942025122.685

2016–20242025

Cálculo FGS a partir de Copernicus EFFIS (os lumes medianos e grandes que mapea o satélite, recortados ao contorno de Galicia). A Xunta contabiliza 2.644,7 ha en 2024 e 118.763,65 en 2025.

O monte como sumidoiro

Un ano de absorción en dúas semanas

≈9,6Mt

de gases de efecto invernadoiro emitidos polos lumes do verán de 2025 en Galicia

É o mesmo que o monte e os solos galegos retiran da atmosfera nun ano. O sumidoiro existe se o monte non arde, e iso depende dun rural con xente que o traballe: pastoreo, aproveitamentos, mosaico agroforestal e xestión activa.

Segue en Galicia cero neto, a espiral dos lumes e o monte de cada concello, ou revive a tempada pasada a pasada en Mapas Galicia Sustentable.

Copernicus, citado polo Observatorio Galego de Acción Climática (Ogacli), agosto de 2026. Absorción de 2024: emisións brutas menos netas, Ogacli.

Fontes