O eucalipto xa é máis da metade do monte en 78 concellos
Cada árbore do mapa son 100 hectáreas de monte. En 2024 Galicia tiña 409.099 ha de eucalipto (29 % do monte arborado), 436.057 de piñeiro e 578.763 de frondosas. Dende 2022 o eucalipto gañou 25.893 ha.
Os 313 concellos segundo a parte do seu monte arborado que é eucalipto
Ver os datos por concello
Inventario Forestal Continuo de Galicia (INVEGA, Xunta de Galicia e universidades de Vigo e Santiago), capa de recintos SIGPAC con coberturas a 1 de xaneiro de cada ano, de 2022 a 2024. Cada grupo inclúe, como nas cifras oficiais do inventario, as cortas, a rexeneración e as áreas queimadas que proveñen del. Queda fóra a rexeneración de especie aínda sen identificar (10.302 ha en 2024). Esta capa traballa por recintos SIGPAC en resolución media, e as súas sumas quedan algo por baixo das cifras oficiais do inventario para 2024 (438.156 ha de eucalipto, 446.897 de coníferas e 631.012 de frondosas), que se calculan coa capa de alta resolución. A comparación entre concellos e entre anos é coherente porque todo sae da mesma capa. «Piñeiro» son todas as coníferas. «Frondosas» son o resto de árbores de folla ancha: carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, acacias e outras, porque o inventario non as separa por especie. No mapa, cada árbore son 100 ha e colócase ao chou dentro do seu concello: as cantidades son reais, pero a posición exacta dentro do concello non. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.