Divulga

Máis enterros ca bautizos

Entre 2021 e 2025, 312 dos 313 concellos galegos tiveron máis defuncións ca nacementos; a excepción foi Ames. Entre 1975 e 1979 pasaba en 157. En 2025 (datos provisionais) naceron en Galicia 13.556 persoas e morreron 33.456: 4 berces por cada 10 cruces.

En cantos concellos morre máis xente da que nace, ano a ano

Concellos (de 313) con máis defuncións ca nacementos cada ano. Toca unha columna para levar o mapa ao seu quinquenio.

Ver os datos

Instituto Galego de Estatística (IGE) e INE, Movemento natural da poboación: nacementos, defuncións, matrimonios e crecemento vexetativo por concello, serie 1975-2025 (táboa 227), segundo o concello de residencia da nai (nacementos) e da persoa falecida (defuncións). Os datos de 2025 son provisionais. Cóntanse os nacementos e as defuncións de veciños do concello, ocorran onde ocorran; non son bautizos nin enterros: o título é unha imaxe. Nos concellos pequenos un só ano pode moverse moito, por iso o mapa usa sumas de cinco anos. Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade suman os seus dous concellos antes da fusión. A posición dos hexágonos é a da peza Máis vacas ca persoas. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.