Divulga

En 68 concellos galegos hai máis vacas ca persoas

Eran 59 en 2005, e non porque haxa máis vacas: en Galicia hai hoxe un 12 % menos. O que baixa máis rápido é a xente. Se ademais das vacas contamos porcos, galiñas e ovellas en unidades gandeiras, son 128 concellos con máis gando ca persoas.

2025

Concellos con máis vacas ca persoas, ano a ano

Ver os datos por concello

Vacas: efectivos de gando bovino por concello a 1 de xaneiro de cada ano, do rexistro da Consellería do Medio Rural publicado polo IGE (táboa 62). As vacas son as femias que xa pariron, de leite ou de carne. A serie comeza en 2005 porque en 2002 e 2003 o rexistro contaba as vacas doutro xeito. Persoas: Padrón municipal do INE. Todo o gando: Censo agrario 2020 (IGE, táboa 10332), en unidades gandeiras totais (UGT), a medida que permite sumar especies: unha vaca adulta é arredor de 1 UG, un porco de cebo 0,3 e unha galiña poñedora 0,014. O INE non publica o dato dalgunhas especies en concellos con poucas explotacións, por segredo estatístico; nese caso contan como cero, e por iso o total pode quedar curto. Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade súmanse nos anos anteriores á fusión. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.