Divulga

Casas para turistas

En maio de 2026, o INE contaba 17.361 vivendas turísticas anunciadas en Galicia: 0,99 de cada 100 vivendas. Pero o reparto é moi desigual: en Fisterra e Sanxenxo son 7,8 de cada 100; en 48 concellos pasan de 2, e en 140 non chegan a 0,5.

Toca un concello no mapa ou búscao.

Os 20 concellos con máis

Ver os datos

INE, estatística experimental Medición do número de vivendas turísticas en España e a súa capacidade (táboas 39363 e 39366), corte de maio de 2026; vivendas totais do Censo de 2021. O INE conta os anuncios activos en Airbnb, Booking e Vrbo, quita os duplicados e filtra segundo a normativa de cada comunidade: é unha estimación experimental, non un rexistro. Para comparar, a táboa inclúe as vivendas de uso turístico inscritas no REAT de Turismo de Galicia en outubro de 2026 (28.558 en toda Galicia): moitas están rexistradas pero non se anuncian nese momento. O denominador son todas as vivendas, tamén as baleiras e as segundas residencias. Os cortes ata 2024 eran en febreiro e agosto; dende novembro de 2024, en maio e novembro. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.