Canto custa unha casa en anos
Unha vivenda de 90 m² ao valor tasado medio de 2024 custaba en Galicia 5,1 anos de salario medio (122.850 € fronte a 24.232 € ao ano). Entre as 48 provincias, vai dos 11,8 anos de Illes Balears aos 3,0 de Ciudad Real. As galegas: Pontevedra 5,8 (posto 17), A Coruña 4,9 (posto 23), Lugo 3,9 (posto 40) e Ourense 3,9 (posto 41 de 48).
Ver os datos
Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, valor tasado medio da vivenda libre por provincia (media dos catro trimestres de 2024, euros por m²). Axencia Tributaria, Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias 2024, salario medio anual por asalariado e provincia. Método: valor tasado medio do m² × 90 m² ÷ salario medio anual bruto. O valor tasado é o que fixan as sociedades de taxación para as hipotecas, vivenda nova e usada xuntas, e adoita quedar algo por debaixo do prezo de anuncio. O salario da Axencia Tributaria é a media de todas as persoas asalariadas, tamén as que traballaron só parte do ano ou a tempo parcial, e é bruto. É unha medida de esforzo, non o que custa de verdade comprar: non conta a entrada, os impostos, os xuros nin que nun fogar pode haber dous salarios. Faltan Araba, Bizkaia, Gipuzkoa e Navarra, que teñen facenda propia e non están na estatística da Axencia Tributaria. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.