Divulga

O vidro, concello a concello

En 2025 cada galego levou ao contedor verde 15,6 kg de vidro, menos que os 18,9 de 2022. Entre as sete cidades, Santiago de Compostela chega a 26,0 kg por habitante e Ourense queda en 10,3. 149 dos 311 concellos con dato están por riba da media galega. Busca o teu.

Galicia, ano a ano

Quilos de vidro por habitante en toda Galicia: o que vai ao contedor verde e a recollida porta a porta en hostalaría.

Ver os datos

Ecovidrio, datos de recollida de envases de vidro por rexión, provincia e municipio, 2015-2025 (quilos recollidos no contedor verde e número de contedores de cada concello); INE, Padrón municipal a 1 de xaneiro de cada ano. Non hai datos públicos e completos do resto dos residuos municipais (fracción resto, envases, papel ou orgánica) concello a concello, polo que a peza fala só do vidro. Os quilos son os do contedor do propio concello; a recollida porta a porta en hostalaría e o vidro que se recupera nas plantas de tratamento non se asignan a ningún concello e só entran na serie de Galicia. Os concellos turísticos ou con moita hostalaría (balnearios, costa) saen altos porque o vidro dos visitantes cóntase sobre a poboación empadroada. Os concellos con 0 kg nun ano márcanse sen dato: en 2025, A Laracha e Negueira de Muñiz; en 2022 Ecovidrio non asignou a recollida de 62 concellos de Ourense. Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade cóntanse xuntos en todos os anos. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.