Os nomes que se repiten
No Nomenclátor de 2025 hai 30.518 aldeas, lugares e barrios con nome propio. 433 chámanse Vilar (ou Vilares), en 202 concellos; 424, Outeiro, e 312, Igrexa. Detrás veñen Castro, Pazo, Campo e Ponte: a paisaxe, a casa e a parroquia feitas nome. Escolle un topónimo ou busca o teu concello.
As raíces máis repetidas
Cada rectángulo é unha raíz e a súa área, cantas entidades de poboación (aldeas, lugares, barrios) levan ese nome. Toca unha para vela no mapa.
Ver os datos
IGE, Nomenclátor 2025 (CSV): as 30.518 entidades singulares de poboación de Galicia co seu nome oficial, habitadas ou non. Puntos: capa de entidades de poboación do Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia), casados polo código da entidade; 2.258 entidades (o 7 %) non teñen punto e contan nas cifras pero non se ven no mapa. Criterio da raíz: quítase o artigo («O Vilar» → Vilar); a raíz é a primeira palabra do nome («Vilar de Arriba», «Vilar de Cima» → Vilar), salvo nos nomes de santos, que levan tamén a seguinte («San Martiño», «Santa Mariña»); os plurais súmanse ao singular se este existe (Pazos → Pazo, Vilares → Vilar, Lamas → Lama), pero non os derivados nin os diminutivos (Vilariño, Outeiriño e Castrelo son raíces propias). Por iso «Tras da Igrexa» conta como «Tras» e non como «Igrexa». O buscador só ofrece as raíces con dúas ou máis entidades; 6.803 raíces aparecen unha soa vez. Límites: IET. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.