O lixo de cada quen
En 2023 recolléronse en Galicia 416,3 kg de residuos municipais por habitante, 94 menos ca media da UE (510 kg): na escala europea só Romanía, Polonia, Estonia e Suecia quedan por debaixo, e entre as comunidades é a 6ª que menos recolle de 17. Onde queda atrás é na separación: só o 17,6 % chega por recollida separada, a 10ª de 17, fronte ao 23,9 % de España.
Os países da UE, 2023
Residuos municipais xerados e % reciclado (Eurostat). Galicia, cos seus kg recollidos, colocada entre eles.
As comunidades autónomas, 2023
Residuos municipais recollidos e % de recollida separada (INE).
Ver os datos
Países: Eurostat, residuos municipais por operación de xestión (env_wasmun), residuos xerados en kg por habitante, e taxa de reciclaxe de residuos municipais (cei_wm011), que suma reciclaxe de materiais, compostaxe e dixestión; 2023 (dato estimado: Francia; dato provisional: España; rotura de serie: Polonia). Comunidades: INE, recollida de residuos municipais por comunidades autónomas, indicadores per cápita (táboa 32999) e cantidade recollida por tipo de residuo (táboa 32998), 2023, sen residuos de construción nin «outros»; Ceuta e Melilla non teñen per cápita publicado. Comparabilidade: o total por habitante si é comparable, porque Eurostat toma para España os datos do INE (464,3 kg no INE, 464 kg en Eurostat). A porcentaxe non: para as comunidades só hai recollida separada (o que se deposita en colectores de papel, vidro, envases, orgánico, puntos limpos…), e parte dela é rexeitada nas plantas; e unha parte dos residuos mesturados acaba reciclada ou compostada nas plantas de tratamento. Por iso Galicia non leva tramo escuro no panel europeo. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.