Divulga

Canto se gaña en cada concello

En 2024, a renda neta media en Galicia foi de 15.471 euros por persoa (15.948 en España). Entre concellos, a distancia é de 2,1 a 1: 20.827 € en Oleiros fronte a 10.083 € en Avión. 257 dos 313 concellos quedan por debaixo da media galega, que soben as cidades e as súas coroas. Busca o teu.

Dentro da cidade

Ver os datos

INE, Atlas de Distribución de Renda dos Fogares (táboas 30989, 31088, 31133, 31160 e 53689), datos de 2024. A renda neta é a renda dispoñible despois de impostos e cotizacións, sacada dos ficheiros tributarios (IRPF e outros) e cruzada co Padrón; non inclúe as rendas en especie nin os aluguers imputados. A media por persoa divide a renda de todos os fogares entre todos os seus membros, nenos incluídos, polo que os concellos con fogares grandes saen máis baixos por persoa ca por fogar. As seccións censais son as unidades máis pequenas do Censo (entre 1.000 e 2.500 habitantes). Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.