Divulga

O reloxo da choiva

Dez anos de choiva, hora a hora, en seis cidades. O que manda é o mes: en Santiago chove 5 veces máis en inverno ca no verán. Pero a hora tamén conta: en Pontevedra chove un 22 % máis de noite e de madrugada ca pola tarde, e en Lugo e Ourense, ao revés, as tardes son as máis mollas. Cada reloxo ten as 24 horas en círculo, coa medianoite arriba, e un anel por mes: canto máis escuro, máis chove.

Ver os datos

Datos horarios das estacións de MeteoGalicia (rede meteorolóxica), 2016–2025: Coruña-Torre de Hércules, Santiago-EOAS, Campus Lugo, Pontevedra-Campolongo, Vigo e Ourense. Para cada estación, mes e hora, «canto chove» é a choiva media nesa hora (en mm, que son litros por metro cadrado) e «cantas veces chove», a parte das horas con polo menos 0,2 mm. Só se contan os datos que MeteoGalicia dá por válidos; a táboa indica que parte das horas hai para cada estación. As horas están en hora oficial, co cambio de verán incluído: son as que marca o reloxo da cociña. Dez anos son poucos para un clima, así que os detalles finos (unha hora concreta dun mes concreto) teñen ruído; os padróns grandes son estables. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.