Divulga

Camas para cada veciño

En outubro de 2026, o rexistro turístico da Xunta sumaba 291.745 prazas de aloxamento en Galicia, 10,8 por cada 100 habitantes, e o 54 % eran de vivendas de uso turístico. O concello máis turístico é Sanxenxo: 185,3 prazas por cada 100 veciños; Barreiros e O Grove tamén teñen máis camas para visitantes ca habitantes.

Pasa por riba dun punto ou escolle un concello.

Que tipo de camas

Reparto das prazas por tipo de aloxamento, e prazas rexistradas cada mes de outubro dende 2017.

Ver os datos

Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), serie mensual de aloxamentos por concello (CSV), datos de outubro de 2026; poboación do Padrón municipal do INE a 1 de xaneiro de 2025. Son as prazas inscritas no rexistro (a capacidade declarada), non as ocupadas nin as abertas todo o ano: un camping conta todas as súas prazas aínda que só abra no verán. Non inclúe os albergues públicos do Camiño que non están no REAT nin as vivendas que se alugan sen rexistrar. «Hoteis» inclúe hoteis e pensións; «vivendas de uso turístico» inclúe tamén as vivendas turísticas. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.