Divulga

Galicia na escaleira europea

En 2000 Galicia era a rexión 157 de 224 da UE en PIB por habitante, medido en poder de compra; en 2024 é a 122, co 84 % da media europea (dende o 76 %). Sobe 35 postos e, entre as 19 rexións españolas, pasa da 17ª á 9ª. É o seu mellor posto da serie: antes da crise de 2008 chegara ao 124.

Galiciarexión escollidaoutras rexións españolasresto da UE

As comunidades autónomas, 2000 e 2024

PIB por habitante en PPS, en % da media da UE. Cada liña une o valor dunha comunidade no primeiro e no último ano.

Ver os datos

Eurostat, PIB rexional por NUTS 2 (nama_10r_2gdp), unidade «PPS por habitante en % da media UE-27», 2000-2024 (actualización do 10/02/2026; 2023 e 2024 son provisionais). O PPS (estándar de poder de compra) corrixe as diferenzas de prezos entre países, pero non dentro de cada país. O PIB mídese onde se produce: as rexións con moitos traballadores que viven noutra (Luxemburgo, Praga, Hamburgo) saen infladas. O posto calcúlase sobre as 224 rexións NUTS 2 da UE-27 con dato en todos os anos; quedan fóra as rexións de Bélxica e Romanía, e Mayotte, sen serie completa. Eurostat publica os valores redondeados a enteiros, polo que hai empates (comparten posto). Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.