Divulga

Quen paga as pensións

A fin de 2024 vivían en Galicia 1.011.083 persoas afiliadas á Seguridade Social e 682.886 pensionistas: 1,48 traballadores por cada pensionista. Pero en 144 dos 313 concellos hai máis pensionistas ca afiliados, e en Beariz só 0,40 por cada un. No outro extremo, Ames chega a 3,23. Cada círculo é un concello; busca o teu.

menos dun afiliado por pensionistamáis dun· o tamaño, a poboación que suman os dous grupos
Ver os datos

IGE, pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (31/12/2024) e persoas afiliadas á Seguridade Social segundo o concello de residencia (decembro de 2024). Os dous datos contan persoas, non pensións nin afiliacións: quen cobra dúas pensións ou ten dous empregos conta unha vez. Os pensionistas son os titulares de pensións contributivas do INSS e do ISM (xubilación, viuvez, incapacidade, orfandade e favor familiar); quedan fóra as pensións non contributivas e as de clases pasivas (funcionariado do Estado). Os afiliados son as persoas en alta laboral na Seguridade Social, por conta allea ou propia, segundo onde viven, non onde traballan; non inclúe as mutualidades. Non é o equilibrio financeiro do sistema, que é común a toda España: é unha foto da estrutura de idade e do emprego de cada concello. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.