Nados fóra, veciños aquí
A 1 de xaneiro de 2025, 331.997 veciños de Galicia (12,2 %) naceran fóra de España; o primeiro país é Venezuela (60.740), seguido de Colombia e Arxentina. En Avión son o 35,4 % da poboación, tres de cada catro nados en países de América que o INE non detalla un a un; en 13 concellos pasan do 20 %.
Os 20 concellos con máis veciños nados fóra, e de onde veñen
Porcentaxe da poboación nada no estranxeiro, por rexión de nacemento. Arriba, Galicia e o concello escollido.
Ver os datos
INE, Censo de poboación (censo anual) a 1 de xaneiro de 2025, «Población por sexo y país de nacimiento (principales países)» por municipio: táboas 66404 (A Coruña), 66426 (Lugo), 66436 (Ourense) e 66442 (Pontevedra). Nado no estranxeiro non quere dicir estranxeiro: unha boa parte son fillos e netos da emigración galega nados en América ou en Europa, con nacionalidade española, e moitos volveron á terra dos seus pais. O INE só detalla os 14 países de nacemento máis frecuentes en España e agrupa o resto por continente, así que países con moita relación con Galicia como Suíza, Brasil, México, Uruguai ou Portugal quedan en «resto de Europa» ou «resto de América». Este mapa é o stock de residentes a unha data, non os fluxos de cada ano (véxase Quen chega e quen marcha). Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.