O mexillón do mundo
Coas súas bateas, Galicia sería o terceiro produtor de mexillón de acuicultura do mundo: 178.069 toneladas en 2023, o 9,5 % do total, só por detrás de China e Chile e por diante de Nova Zelandia (92.967 t). Foi segunda en 4 dos 21 anos dende 2003. Cada círculo é un país; move o ano.
Os grandes, ano a ano
Toneladas de mexillón de acuicultura dos cinco primeiros produtores do último ano, e o posto de Galicia en cada ano.
Ver os datos
Países: FAO, Global aquaculture production (FishStat, versión 2025.1.0), toneladas de peso vivo de todas as especies do grupo «mexillóns» (ISSCAAP), 2003-2023. Galicia: Pesca de Galicia, Consellería do Mar, produción de acuicultura (mexillón de batea e de parques de cultivo, 2003-2023). Galicia ponse como se fose un país e España non aparece no gráfico para non contala dúas veces. As dúas fontes non miden o mesmo: a FAO recibe a cifra estatal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que en 2023 é de 155.752 t para toda España, menos das 178.069 t que a Xunta rexistra só en Galicia a partir das vendas declaradas. A cifra galega é, polo tanto, a da fonte galega, e as dos países son as que cada un comunica á FAO, algunhas estimadas por ela. Nomes dos países: Unicode CLDR. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.