O percebe vale case o dobre no Nadal: o calendario do mar galego
Cada especie ten a súa tempada nas lonxas: vedas, mareas e festas mandan no que se vende e no seu prezo. Este é o ano medio de 2015 a 2025. Ademais, as lonxas venden cada vez menos: 108 millóns de quilos en 2025, a metade ca en 2017.
A marea do ano: o que se vende cada mes nas lonxas
Calendario do mar: cando se vende cada especie
Ver os datos por especie
Notas de primeira venda de pesca fresca e marisqueo nas lonxas e centros de primeira venda de Galicia, 2015–2025 (Pesca de Galicia, Consellería do Mar). O mes medio é a media dos 11 anos. No calendario, a intensidade é a parte das vendas en quilos de cada especie que se fan nese mes, e o guión marca os meses con menos do 1 % (veda, paro ou tempada pechada). Só aparece o que pasa pola lonxa. O mexillón de batea, a maior produción do mar galego, véndese case todo directamente ás depuradoras e cociñeiras, polo que aquí apenas aparece. Tampouco está o peixe que chega conxelado. Prezos en euros correntes, sen descontar a inflación. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.