Divulga

Galicia xa non queima carbón para ter luz, e aínda lle sobra un terzo

En 2025 Galicia xerou 21,3 TWh de electricidade e consumiu 13,7. O 35 % saíu cara a outras comunidades. O 82 % veu da auga e do vento. En 2012 o carbón das Pontes e Meirama era o 42 % de todo; hoxe é cero.

2025

Electricidade xerada en Galicia cada ano, por tecnoloxía, e o que se consome

Ver os datos por ano (GWh)

Red Eléctrica, REData: estrutura da xeración e demanda do sistema eléctrico de Galicia, en GWh por ano (1 TWh = 1.000 GWh). «Outras renovables» suma a solar fotovoltaica, as outras renovables (sobre todo biomasa) e a metade renovable dos residuos. «Cogeneración e residuos» suma a cogeneración, a metade non renovable dos residuos e o fuel-gas. «Sae a outras comunidades» é a diferenza anual entre o que se xera e o que se demanda en Galicia. Hai horas nas que Galicia tamén importa electricidade, e unha parte pérdese no transporte, polo que esta cifra é un saldo aproximado. As Pontes deixou de queimar carbón en 2019 e Meirama pechou en 2020. A caída da demanda de 2022 coincide coa parada das cubas de electrólise de Alcoa San Cibrao. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.