Do concello máis novo ao máis vello
A idade media en Galicia é de 48,5 anos (2025), 5,6 máis ca en 2002. Pero vai dos 42,6 anos de Ames aos 64,5 de Lobeira, e en 159 dos 313 concellos hai tres ou máis maiores de 65 anos por cada menor de 20. Cada punto é un concello; busca o teu.
Os tres máis novos e os tres máis vellos
A forma da pirámide en cada extremo: os concellos do arredor das cidades teñen cintura de nenos e pais; os da montaña, unha copa de maiores.
Ver os datos
Instituto Galego de Estatística (IGE), Indicadores demográficos: indicadores de poboación (táboa 723), a 1 de xaneiro de 2025 e 2002; e IGE a partir do INE, poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade (táboa 142, censo anual de poboación), a 1 de xaneiro de 2025. A idade media é a media das idades de toda a poboación residente. O índice de envellecemento é a poboación de 65 e máis anos por cada 100 menores de 20 (definición do IGE; outras fontes usan os menores de 16). A pirámide amosa cada grupo de cinco anos como porcentaxe da poboación do concello; nos concellos pequenos uns poucos veciños moven moito a forma. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.