Galicia en hexágonos electorais
Para a Xunta e para o Congreso, o PP gaña en case todos os concellos: en 295 dos 313 nas autonómicas de 2024 e en 298 nas xerais de 2023. Nos concellos é outra cousa: nas municipais de 2023 gañou en 189, e no resto mandan o PSdeG, o BNG e as listas locais. Só en 198 concellos gañou o mesmo partido nas autonómicas e nas municipais. Detrás, o BNG é segundo en 264 concellos en 2024. Cada concello pesa igual, sexa Vigo ou Negueira de Muñiz; usa «Comparar» para cruzar dúas eleccións.
Ver os datos
Parlamento de Galicia (2001–2024): Xunta de Galicia, Abert@s, resultados por concello (as de 1981 a 1997 non están publicadas así). Municipais (2003–2023) e xerais ao Congreso (2000–2023): Ministerio do Interior, Infoelectoral, ficheiros por municipio. Porcentaxes sobre votos válidos e sen o voto dos residentes ausentes, que non se asigna a ningún concello, polo que os totais difiren un pouco dos oficiais. Nas municipais cóntanse os votos ás listas, non quen acabou de alcalde, e Negueira de Muñiz non ten datos por listas. Familias: a esquerda alternativa agrupa AGE, En Marea, Galicia en Común, Podemos, Sumar e as mareas municipais (Marea Atlántica, Compostela Aberta, Ferrol en Común…); en branco van as listas locais e independentes, Democracia Ourensana, VOX e o resto. Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade súmanse nos anos anteriores á súa fusión. Cada hexágono está preto do seu concello, pero non no sitio exacto. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.