Habelos,
hainos.
Dezasete ideas sobre Galicia e a sustentabilidade que repetimos sen comprobar. Cada unha, contrastada con datos oficiais e coa súa fonte á vista. Antes de ler os datos, di se o criches.
Como se fixo
Cada cifra procede dunha fonte primaria (AEMET, MeteoGalicia, IGE, INEGA, Xunta de Galicia, ministerios ou estudos científicos) e leva o seu ano. Cando as fontes discrepan, mostramos as dúas. O veredicto é falso cando os datos contradín a crenza e a medias cando ten parte de verdade pero leva a unha conclusión errada.
De onde vén a idea
O formato inspírase en Common MythConceptions, de David McCandless (Information is Beautiful): un mosaico de mitos, cor por tema e unha fonte detrás de cada corrección.
Propón un mito
Coñeces outra crenza sobre Galicia que mereza comprobarse? Escríbenos a contacto@fundaciongaliciasustentable.gal. Os votos son anónimos: só gardamos un identificador aleatorio do navegador.