Divulga

Galicia nun minuto

Cada minuto, en media, saen das farmacias 152 medicamentos, das granxas 5.690 litros de leite e das bateas 338 quilos de mexillón. Os contadores empezan a sumar cando abres a páxina.

E de cando en vez
Ver os datos e as fontes

Cada contador parte dun total anual (o último publicado, co ano na táboa) repartido entre os 31.557.600 segundos dun ano. É unha media: os viaxeiros e os peregrinos concéntranse no verán, a choiva no inverno e o gasto de auga e de luz nas horas do día. O que se conta unha a unha chega ao chou, como na vida, polo que dúas visitas non dan o mesmo número; nos períodos fixos (minuto, hora, día, ano) amósase a media. A faixa móvese máis rápido canto maior é o fluxo. A choiva é unha estimación a partir de seis observatorios de AEMET; o lixo é só a bolsa negra que trata Sogama. Fontes: Ministerio de Sanidade, Xunta (112, Consellería do Mar, Medio Rural, Pesca de Galicia), Aena, INE, Oficina do Peregrino, IGE, FEGA/MAPA, REE, Sogama e AEMET. Fundación Galicia Sustentable · inspirado nos contadores en directo de Information is Beautiful. Licenza CC BY-NC-SA 4.0.