Só 7 de cada 100 nenos falan sempre en galego. Entre os seus avós, 40
A pirámide da lingua: cada barra é unha idade, co galego á esquerda e o castelán á dereita. En 2003 falaban sempre en galego 27 de cada 100 nenos e nenas; en 2023, 7. Cada xeración fala menos galego ca a anterior, e en vinte anos o galego baixou en todas as idades.
Cada idade, enquisa a enquisa: quen fala galego sempre ou máis ca castelán
A lingua da nai e a dos fillos
Ver os datos (porcentaxes)
IGE, Enquisa estrutural a fogares: módulo de coñecemento e uso do galego (enquisas de 2003, 2008, 2013, 2018 e 2023), poboación de 5 e máis anos. A lingua habitual é a que cada persoa declara falar normalmente: sempre en galego, máis galego ca castelán, máis castelán ca galego ou sempre en castelán. O ancho de cada barra é proporcional ás persoas dese grupo de idade, e a liña descontinua marca a pirámide de 2003. Transmisión: lingua de fala habitual dos fillos segundo a da nai. Son datos dunha enquisa e teñen marxe de erro, que é maior nas provincias e nos grupos pequenos. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.