Onde se fala sempre galego
No Censo de 2011, o 43,8 % da poboación galega de 5 e máis anos dicía falar sempre en galego, 13 puntos menos ca en 2001 (56,8 %). O uso habitual baixou en 305 dos 313 concellos, e a distancia entre eles é enorme: do 97,2 % de San Xoán de Río ao 12,2 % de Ferrol. Busca o teu.
Antes e despois: cada punto é un concello
Parte da poboación que fala sempre en galego en 2001 (eixe horizontal) e en 2011 (vertical). Os concellos por debaixo da diagonal perderon falantes habituais.
Ver os datos
IGE, Censo de poboación e vivendas, «Coñecemento e uso do galego»: uso do galego en 2001 (táboa 1845) e en 2011 (táboa 6856), poboación de 5 e máis anos en vivendas familiares, por concello. A pregunta era «Cando usa o galego?» (sempre, ás veces, nunca). Ollo coa comparación: en 2001 o censo foi exhaustivo e en 2011 os datos de lingua saen da gran enquisa por mostraxe do censo (207.942 persoas en Galicia), cun cuestionario en papel e outro por internet ou entrevista (notas do IGE); nos concellos pequenos a marxe de erro é maior, e o IGE non publica «nunca» nin «ás veces» onde a mostra é escasa. O Censo de 2021 xa non preguntou pola lingua. Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, fusionados despois, son a suma dos seus concellos de orixe. Límites: IET, Xunta de Galicia. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.