Divulga

A fibra, concello a concello

A 30 de xuño de 2025, o 94,1 % dos fogares galegos podía contratar internet fixa a 100 Mbps e o 85,2 % a 1 Gbps. Quedan fóra uns 64.000 fogares, e o 53 % deles está nos 203 concellos de menos de 5.000 habitantes, que só teñen o 16 % dos fogares. En 11 concellos os 100 Mbps non chegan nin á metade das casas; en Chandrexa de Queixa, só ao 20,9 %.

Pasa o rato ou o dedo pola liña, ou escolle un concello.

fogares con 1 Gbpscon 100 Mbps, pero non 1 Gbpssen 100 Mbps

Provincia a provincia

A mesma liña para cada provincia. A raia discontinua é a mediana dos seus concellos a 100 Mbps.

Ver os datos

Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, Informe de cobertura de banda ancha en España 2025 (datos a 30/06/2025), cobertura por municipio dos seus mapas de cobertura agregada. A cobertura é a porcentaxe de fogares que poderían contratar esa velocidade de descarga con calquera tecnoloxía fixa (fibra, cable ou redes sen fíos fixas), segundo o que declaran os operadores, non a velocidade que teñen contratada nin a que medirían. «1 Gbps» inclúe só as redes capaces dun xigabit (case sempre fibra ata o fogar). O total de Galicia é o do Ministerio, ponderado polos fogares. Na táboa, a cobertura a 1 Gbps de 2023 vai como referencia, pero o Ministerio medíaa entón sobre unidades inmobiliarias e non sobre fogares. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.