Divulga

Os berces de Europa

En 2024 Galicia tivo 0,96 fillos por muller, a cuarta cifra máis baixa das 244 rexións da Unión Europea (posto 241 de 244). A media da UE foi de 1,34 e a de España, de 1,10; o relevo xeracional pide 2,1. Só 5 rexións quedan por baixo de un fillo, e Galicia é unha delas.

Galicia tocou teito en 2008, con 1,13, e volveu baixar

Fillos por muller en Galicia, España e o conxunto da UE-27, 2000–2024.

Ver os datos

Eurostat, demo_r_frate2 (fecundidade por rexión NUTS 2, 2024 e serie de Galicia) e demo_frate (UE-27 e España). Os fillos por muller son o indicador conxuntural de fecundidade: os fillos que tería unha muller se ao longo da súa vida tivese os fillos que tiveron, por idade, as mulleres dese ano. Non é unha media de fillos de mulleres reais, e baixa cando os nacementos se atrasan. Rexións segundo a clasificación NUTS 2024 que usa Eurostat para 2024; inclúe as rexións ultraperiféricas (Canarias, Mayotte, Guyane…). Os datos anteriores a 2013 publícanse con dúas cifras decimais. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.