Canto esperas no Sergas
A 30/06/2026, 55.348 persoas agardaban por unha operación no Sergas, cunha espera media de 91 días, +17 en seis meses. Pero depende moito de onde e de que: en traumatoloxía, no CHU de Santiago, a media é de 167 días; en xinecoloxía, no hospital de Valdeorras, de 13. Cada punto é un hospital; escolle o teu.
A espera media, dende 2014
Días de espera media de toda a lista cirúrxica do Sergas (sen Povisa) en cada corte, e pacientes en espera.
Ver os datos
Sergas, lista de espera cirúrxica, corte do 30/06/2026 e cortes anteriores dende 2014 (faltan os que non teñen PDF publicado). O tempo medio de espera son os días que levan esperando, de media, as persoas que seguen na lista nese día; non é o que tardará en operarse quen entra hoxe. Inclúe as prioridades 1 (as urxentes, con menos espera), 2 e 3. Os hospitais comarcais operan sobre todo casos sinxelos, e os casos complexos da súa área van ao complexo universitario, polo que as esperas non son de todo comparables. Povisa é un hospital privado concertado de Vigo. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.