Divulga

Vento por cabeza

A finais de 2024, Galicia tiña 3.932 MW eólicos: 1.448 vatios por habitante, 2,8 veces a media da UE e máis ca Dinamarca (1.254). Sería o posto 3 de 28, só por detrás de Suecia e Finlandia. En eólica en terra por km² é a 3.ª, con 134 kW, 2,1 veces a densidade de España.

Ver os datos

Países: Eurostat, nrg_inf_epcrw (capacidade eléctrica neta máxima, eólica total e mariña, MW a fin de ano, 2015-2024). Galicia: Inega, potencia eléctrica instalada en Galicia (eólica, a partir do Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica, 2015-2024). Poboación a 1 de xaneiro do ano seguinte: Eurostat demo_r_d2jan. Superficie terrestre: Eurostat reg_area3 (2024). A medida por km² conta só a eólica en terra, porque os parques mariños (Dinamarca, Países Baixos, Alemaña, Bélxica…) non ocupan territorio; a medida por habitante conta toda. As cifras de Galicia e das dos países veñen de rexistros distintos e poden diferir lixeiramente na data de corte. A comparación coas outras comunidades autónomas non se puido facer: o servizo de potencia instalada do REData de Red Eléctrica non responde (outubro de 2026) e non hai outra táboa oficial descargable. Nomes dos países: Unicode CLDR. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.