Os encoros, vaso a vaso
Corenta encoros das concas galegas, 3.714 hm³ entre todos, debuxados coma vasos. O 27 de outubro de 2026 estaban ao 49 %, cando o normal desa semana é o 53 %. O mínimo dende 1988 foi o 1 de xaneiro de 2002, co 33 %. Move a data ou dálle ao play para ver como se enchen no inverno e se baleiran no verán.
Miño-Sil
Galicia-Costa
Ver os datos
MITECO, Boletín Hidrolóxico, base de datos histórica de encoros (datos semanais, provisionais os últimos): os encoros de máis de 5 hm³ das concas Miño-Sil e Galicia-Costa. A conca do Miño-Sil inclúe uns poucos encoros río arriba, en León e Zamora (Bárcena, Matalavilla, Las Rozas…). Case todos son hidroeléctricos: o seu nivel depende tanto da choiva coma de cando se turbina, e por iso baixan no verán e en anos de moita produción. A reserva total pondérase pola capacidade dos encoros con dato nesa semana. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.