Divulga

Os concellos que non deben nada

A 31 de decembro de 2025, 156 dos 313 concellos galegos non tiñan ningún crédito pendente (105 en 2015). Entre todos debían 272,8 millóns de euros, 101 € por habitante, 47 % menos ca dez anos antes. A débeda concéntrase nuns poucos: só 4 pasan dos 1.000 € por veciño (Os Blancos, Miño, Pol e Catoira). Cada cadrado é un concello; busca o teu.

Os que máis deben, dez anos despois

Débeda viva por habitante en 2015 (punto baleiro) e en 2025 (punto cheo), nos quince concellos con máis débeda por veciño en 2025.

Ver os datos

Ministerio de Facenda, débeda viva das entidades locais, concellos a 31/12/2025 e a 31/12/2015. INE, cifras oficiais de poboación a 1/1/2025 e a 1/1/2016. A débeda viva é a débeda financeira pendente (préstamos e operacións con bancos e outras entidades) que rexistra a Central de Información de Riscos das Entidades Locais; non inclúe as facturas pendentes con provedores nin a débeda das deputacións, mancomunidades ou consorcios. «Débeda cero» quere dicir que o concello non tiña ningún crédito vivo nesa data; algúns teñen cantidades moi pequenas, de poucos miles de euros. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.