Divulga

Os que medran e os que se baleiran

Galicia ten 2.713.169 habitantes (2025), un 4 % máis ca no censo de 1950. Pero só 77 dos 313 concellos teñen hoxe máis xente, e 156 perderon máis da metade: Oleiros multiplicou a súa poboación por 3,7, e A Veiga quedou co 14 % da que tiña. Busca o teu concello.

Os 313 concellos en fila, do que máis perdeu ao que máis gañou

Cada barra é un concello. A liña do medio é a poboación que tiña en 1950; a escala é logarítmica, así que perder a metade e duplicar quedan á mesma distancia.

Os dez que máis gañan

    Os dez que máis se baleiran

      Ver os datos

      INE, Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842 (poboación de feito do censo de 1950 e dos censos de 1900 a 1991; poboación de dereito ou residente de 2001, 2011 e 2021) e INE, Padrón municipal, cifras oficiais a 1 de xaneiro de 2025 (táboas 2868, 2880, 2885 e 2890). Compárase a poboación de feito de 1950 (a presente o día do censo) coa empadroada en 2025: non son exactamente o mesmo, e en 1950 a emigración temporal facía que nalgúns concellos houbese menos presentes ca veciños. Todo vai co termo municipal actual: Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade suman os seus dous concellos de 1950; Santiago, Baralla, A Pontenova, Celanova e Pontevedra inclúen os municipios que absorberon despois (Enfesta, Neira de Xusá, Puente Nuevo e Villaodrid, Acevedo do Río e Ponte Sampaio). Catro pares que se separaron ou cambiaron termo despois de 1950 compáranse xuntos e cada un dos dous leva a cifra común: Ortigueira e Cariño, Cervo e Burela, Vilanova e A Illa de Arousa, Ribadavia e Carballeda de Avia. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.