As centrais de Galicia, en megavatios
Galicia ten 9.892 MW de potencia eléctrica. Aquí están, unha a unha, as 206 centrais que se poden identificar: 178 parques eólicos, ningún de máis de 50 MW, que xuntos suman 4.164 MW; 23 centrais hidráulicas, con Santo Estevo e Belesar á cabeza; e o ciclo combinado das Pontes, a maior de todas, con 856 MW. En trazo discontinuo, as térmicas de carbón das Pontes e Meirama: 2.816 MW que xa non producen.
Canto destas centrais está no mapa
MW das centrais que se ven arriba fronte ao total oficial de cada tecnoloxía (REE, 31/12/2025). A raia é o total de REE.
Ver os datos
Centrais: OpenStreetMap (ODbL), Wikidata (CC0) e a táboa de Parques eólicos en Galicia da Galipedia (CC BY-SA), xuntadas e sen duplicados. Totais: REE, Informe do Sistema Eléctrico 2025: 9.892 MW a 31/12/2025, co reparto en % por tecnoloxía (a API de potencia instalada de REE non funcionaba ao facer esta peza). Non hai un rexistro aberto de centrais: o do Ministerio non se publica para descargar. As fontes colaborativas teñen ocos (case non hai fotovoltaica nin coxeración) e algúns parques eólicos repotenciados ou desmantelados poden contar dúas veces, por iso a eólica supera lixeiramente o total de REE. As térmicas de carbón das Pontes e Meirama xa non producen e non contan nos totais. Fundación Galicia Sustentable · inspirado en Mega-What? de Information is Beautiful. Licenza CC BY-NC-SA 4.0.