Os que pasan dos cen
A 1 de xaneiro de 2026 vivían en Ourense 322 persoas de 100 anos ou máis: 10,5 por cada 10.000 habitantes, a quinta provincia de España, despois de Soria, Zamora, Salamanca e Ávila. Lugo é a oitava (8,8); a media española é 3,8. En toda Galicia hai 1.693 centenarios, e entre as 206 rexións da UE con datos Galicia é a 12.ª (2025).
E en Europa?
Persoas de 100 anos ou máis por cada 10.000 habitantes en 206 rexións NUTS 2 da UE a 1 de xaneiro de 2025. Cada punto é unha rexión.
Ver os datos
Provincias: INE, Estatística Continua de Poboación, táboa 69792, poboación residente a 1 de xaneiro de 2006 e de 2026 (datos provisionais). Europa: Eurostat, demo_r_d2jan, poboación a 1 de xaneiro de 2025 por idade simple; os centenarios son a clase aberta final cando a idade 99 vén separada. Alemaña non publica idade simple por rexión e non aparece. As cifras de persoas moi maiores dependen da calidade dos rexistros de cada país: un falecemento sen dar de baixa ou unha data de nacemento mal anotada pesan moito cando se contan centos de persoas. Unha taxa alta de centenarios reflicte tanto a lonxevidade como unha poboación envellecida pola emigración da xente nova. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.