Divulga

Os castros: unha constelación

Antes das aldeas houbo castros: poboados fortificados da Idade do Ferro, nos outeiros e nos cabos. OpenStreetMap ten 1.880, e debuxados como estrelas Galicia aparece coma un ceo cheo. Cada castro ten outro, en media, a 1,6 km, e case a metade do país está a menos de 2 km dun deles. E aínda faltan moitos por cartografar.

Os concellos con máis castros

    Os máis densos (por 100 km²)

      © Colaboradores de OpenStreetMap (ODbL): xacementos arqueolóxicos de Galicia (historic=archaeological_site) que son castros polo tipo (fortificación, castro), pola cultura (castrexa, celta) ou polo nome (Castro, Castriño, Castrelo, Croa, Coroa); sen túmulos, mámoas nin petróglifos. Os que distan menos de 250 metros cóntanse unha vez. OSM é obra de voluntarios e está incompleto: o inventario oficial da Xunta, que non se publica como datos abertos, recolle bastantes máis, así que este ceo ten menos estrelas das que debería e as zonas máis baleiras poden ser só zonas menos cartografadas. As «constelacións» unen os castros a menos de 4 km coa árbore de expansión mínima. Concellos: límites de 2024. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.