As casas baleiras
666.698 vivendas galegas, catro de cada dez, non teñen ninguén empadroado. En 144 concellos son máis da metade, e na Teixeira chegan ao 85 %. Non todas están igual de soas: no interior tampouco teñen luz, están abandonadas; na costa moitas son segundas residencias, como en Barreiros, co 75 % sen empadroados pero só o 32 % sen consumo. Toca un concello para ver as súas dez casas.
De cada dez casas, cantas están apagadas
Os concellos con máis casas sen xente
E os que menos
Ver os datos
INE, Censos de Poboación e Vivendas 2021: vivendas principais e non principais (unha vivenda é principal se ten alguén empadroado; as non principais son as baleiras, as segundas residencias e as que se alugan a quen non se empadroa) e vivendas por intensidade de uso segundo o consumo eléctrico en 2020 (baleiras: case sen consumo; de uso esporádico: entre 251 e 750 kWh ao ano). O dato eléctrico só existe para 278 concellos e nalgúns non cadra co padrón, como en Cuntis; na ficha avísase cando as «baleiras» pola luz superan ás vivendas sen empadroados. Límites dos concellos: os da peza «O monte de cada concello». Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.