Divulga

Un de cada tres peregrinos sae de Sarria

En 2025 recolleron a Compostela 530.844 peregrinos, un récord. O camiño Francés leva o 46 %, e a maioría dos que chegan por el empezan en Sarria, a uns 115 km: pouco máis do mínimo para conseguir a Compostela. Cada liña ten o grosor dos peregrinos que a percorren.

Peregrinos que recollen a Compostela cada ano

Por que camiño chegan (2025)

De onde veñen (2025)

Ver os datos

Oficina do Peregrino da catedral de Santiago: persoas que recollen a Compostela ou o certificado de peregrinación. Para a Compostela hai que facer polo menos os últimos 100 km a pé ou a cabalo, ou 200 km en bicicleta. Os datos de 2021–2025 están tirados do informe público da Oficina e os de 2004–2018, dos seus informes anuais en PDF. O de 2019 é a cifra difundida pola Oficina e recollida por medios. O de 2020, ano da pandemia, non figura en ningunha das dúas fontes. 2021 e 2022 foron un Ano Santo prorrogado. Os trazados do mapa son esquemáticos e pasan polas localidades principais de cada camiño. O grosor de cada tramo son os peregrinos que saíron dun punto anterior dese camiño, contando os 20 puntos de saída máis habituais, que suman o 81 % dos peregrinos. É unha cota inferior. A Vía da Prata e o Camiño do Norte veñen de máis lonxe do que se ve no mapa. O punto de saída consta para 94 % dos peregrinos de 2025. Mapa base: Natural Earth. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.