O andel de cada concello
En 2024, as 309 bibliotecas públicas galegas fixeron 2,29 millóns de préstamos, 0,84 por habitante. Entre os concellos de máis de 10.000 habitantes con datos, vai de 2,03 en Oleiros a 0,14 en Vilanova de Arousa. E 84 concellos, onde viven 141.459 persoas, non tiñan ningunha biblioteca pública. Cada lombo deste andel é un concello.
Ver os datos
Ministerio de Cultura, Bibliotecas Públicas Españolas en cifras, informe anual por municipio, exercicio 2024 (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra). Os préstamos son os presenciais (de libros e doutros documentos) e os habitantes, os que o Ministerio asigna a cada municipio. As persoas inscritas poden vivir noutro concello, así que nalgúns concellos pequenos a «poboación inscrita» pasa do 100 %, e un concello pequeno cunha biblioteca moi activa (como As Nogais) dispara os valores por habitante: o andel corta os lombos que pasan da escala e márcaos cunha frecha. Os concellos «sen biblioteca» non teñen ningunha biblioteca pública na estatística; algúns reciben o servizo dun bibliobús ou dunha furgoteca provincial, que non se asigna a ningún concello. 17 concellos teñen biblioteca pero non entregaron datos ese ano e quedan fóra dos postos. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.