Os apelidos máis galegos
Galicia ten o 5,5 % da poboación de España, pero hai apelidos que case non saen dela. 50 primeiros apelidos teñen tres de cada catro portadores vivindo en Galicia. O máis común deles é Souto (9.874 persoas, o 75 % en Galicia); entre os de máis de 10.000, o máis galego é Piñeiro, co 74 %. E García, o máis común de España, só ten aquí o 5 %. Busca o teu.
Os que viven case só en Galicia
O galicianómetro
Cada punto é un apelido. Á dereita, os máis comúns; arriba, os que teñen máis portadores vivindo en Galicia. A liña marca o 5,5 %, a parte de España que vive en Galicia: o que queda por riba é máis galego ca a media.
Ver os datos
INE, Apelidos e nomes da poboación residente, a 1 de xaneiro de 2025: todos os primeiros apelidos con polo menos 1.000 persoas en España (4.410 apelidos) e, para cada un, a frecuencia por mil habitantes en cada provincia que dá o buscador do INE. As persoas en Galicia saen desa frecuencia e da poboación de cada provincia galega no padrón de 2025; a parte galega é iso entre o total de España dese primeiro apelido. Conta só o primeiro apelido e só a quen vive en España: non os galegos de Bos Aires nin de Xenebra. O INE escribe os apelidos en maiúsculas e sen til (GARCIA). O mapa de teselas sitúa as provincias de xeito aproximado. Fundación Galicia Sustentable · Licenza CC BY-NC-SA 4.0.